ADIVIÑAS

Nicolás: Cucurico non  ten ollos, nin cu, nin bico, e os fillos  de cucurico teñen ollos, cu e bico. 
Antía Puga: Anda e non ten pés , come e non ten boca , e toda a comida lle parece pouca . 
Mya: Unha cousa para quen, sempre chove, e sempre esta mollada .                                           
 Iván: No alto vive, no alto mora, no alto tece a tecedora.
Uns somos verdes, outros negros, pero de dozura, todos imos cheos. 
Lucía: Auga me chamo, e de nome ardente é o meu corazón. O que non atine é un gran borricón. 
Pablo: Alto ou baixo, deitado ou de pé, sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el.
Iago Sanromán: Queres té? Pois toma té! Sabes ti que froita é?
Rebeca: Unhas son brancas, outras son negras, todas son doces, todas son boas.
Antía V.: Son o diminutivo da fruta prohibida e flor mediciñal coñecida.
Aarón: Dous irmáns son, un vai a misa e o outro non.
Fabiola: Ten mans e non escribe, anda mais non ten pés; se non o adiviñas, ben burro es.  
Fernando: Un ramiño de noces que pola noite se espalla e polo día se esconde.
Sara: Amarelo por fora, amarelo por dentro e cun corazón dentro. Que é? 
Son de cor marrón, abrigado estou en blanco. Que son?   
Blanca por dentro verde por fora se queres que cho diga espera. Que é?
Ten   boca e non  fala, ten ollos e non ve, anda e máis non ten pés, se non o  adiviñas ben burro es.       
Antía F. :Ten un dente e tira pola xente. 
Laura: Despois de moerme, agua fervendo botan en min, a xente bébeme moito cando non quere durmir. 

Respostas: as estrelas, o melocotón, o café, o coco, o muiño, o ovo e o pitiño, a campá, o viño blanco e o tinto, as uvas, augardente, o libro, o tomate, a araña, a lingua, a lúa, o plátano, o figo.